Debido aos recentes acontecementos e en consenso co Concello de Sarria, e seguindo as recomendacións da Conselleria de Sanidade da Xunta De Galicia, tomouse a decisión de aprazar temporalmente esta edición do Esmorga Fest.

A nosa prioridade é e será sempre a de garantir a saúde do noso público e artistas. Seguimos traballando nesta edición para garantir a calidade e a continuidade do festival.

Proximamente anuciaremos novas datas, e toda a información para a devolución de entradas cuxas persoas queiran realizar o seu reembolso.

Esta situación rómpenos o corazón por todo o esforzo e ilusión que levamos posto durante todo este tempo.
Agora mesmo estamos esnaquizados, pero continuamos con forzas para seguir adiante.

Hoxe máis que nunca..
INFINITA ESMORGA!

Un ano máis, e xa son 6, poñemos á túa disposición o cartel dunha nova edición do esperado festival máis madrugador do ano.


Moon Duo, Viva Belgrado, Os Punsetes, Pony Bravo, Cariño e moitas máis bandas formarán parte dun cartel de luxo.

Os medios que fan eco do seu alto nivel de calidade, por non ter nada que envexar dos grandes festivais, ao ser un festival que conta con todas as comodidades e un prezo super reducido.

Aos grupos xa confirmados sumáronse John Axiom, Pálida, Don Gonzalo e Copitropical.

Da man dos nosos compis de Jägermeister presentámosvos Jägermusic, un programa de apoio á música emerxente e que nos traerán dúas dos grupos máis interesantes do panorama actual.

A Trindade e Uniforms serán as bandas, de tan grata colaboración, que veremos subidas ao escenario do Esmorga Fest o próximo 13 e 14 de Marzo.

¿Aínda non tes a túa entrada? ...Non pasa nada... aínda estas a tempo de facerche con ela polo módico prezo de 35€ …

¡pero non te durmas que quedan poucas!!

Pouco queda xa para a esperada cita na que aseguramos alcanzar os valores máximos de diversión acompañados da mellor música e ambiente. Non o penses máis... pasamos lista!

Por se tes dúbidas desvelámosche un secreto: Viva Belgrado, Le Temps du Loup, Moura e Böira son catro das bandas que estarán a dar cana o próximo 13 e 14 de Marzo.

Aínda estas a tempo de comprar as túas entradas anticipadas polo módico prezo de 35€ e gozar de todas estas e máis bandas que iremos desvelando. Corre que voan!

O Esmorga Fest ‘20, considerado como o festival máis madrugador do ano e agardado por moitos dos amantes da música indie e underground suma catro novos nomes o seu cartaz, que conta co selo de calidade SON Estrella Galicia.

Bandas como Pony Bravo que dende a sua formación en 2006 convertéronse en referentes da música independente nacional, Niña Coyote eta Chico Tornado arrasando trala sua xira mundial e polos festivais máis importantes de España, Atención Tsunami  ou Aliment son os catro grupos que se subirán o esceario SON Estrella Galicia.

Autentico éxito a acollida que tivo o lanzamento da primeira oferta que o Esmorga Fest puxoo á venda sen aínda compartir ningún dos grupos dos que formaría o festival que terá lugar o 13 e 14 de marzo de 2020.

Gran acollida dun público fiel que sen pensalo optou por acollerse á primeira oferta que a organización puxo en marcha o pasado 05 de novembro. Seguidamente sacouse outro bloque de entradas a un prezo de 30€, algo que continuou a boa marcha de vendas e tras o que como resposta a un público entregado comunicouse a presentación de tres das bandas que formarán o cartel: Los Punsetes, Cariño e Yawners.

Grupos referentes da escena independente formarán parte dun festival xa consolidado que terá lugar como sempre en Sarria (Lugo).

 

1confirmacion

Un ano máis, estamos aquí para anunciar a sexta edición do Esmorga Fest, e de que mellor maneira que sacando 50 entradas a un precio super reducido: 25€. Esperamoste o 13 e 14 de marzo de 2020, como sempre, en Sarria (Lugo).

Agora podes comprar as tuas entradas a un prezo especial de lanzaminto, ¡non te despistes que voan!

Data de lanzamento: 05/11/2019 as 10:00 horas.

 

Precios entradas

HORARIOS

A festa dará comezo, o venres 15 de marzo no Escenario SON Estrella Galicia na Sala Litmar:

  • 20.30 SEDA
  • 21.30 Dûrga
  • 22.30 Voltaica    
  • 23.30 Ànteros    
  • 00.40 Tuya        
  • 01.40 Sierra
  • 02.50 El Lado Oscuro De La Broca
  • 03.45 Pálida

Ao rematar os concertos, a acción trasladarase á Afterparty na Sala Maverick con Hidden Raposo.

O sábado é o momento para gozar dos mellores artistas emerxentes no Escenario Futuros Referentes SON Estrella Galicia en La Unión, onde, ademais, se poderán saborear as mellores hamburguesas gourmet a prezos populares:

  • 13.00 Guttigattuso & Solofolar Djs
  • 14.30 Ladrillo y Mujer 
  • 15.00 Guttigattuso & Solofolar Djs
  • 16.00 Juanita Dinamita       
  • 17.00 Amor Germanio 
  • 18.00 Bestia Bebe      
  • 18.30 Don Gonzalo

Xa á noite, tocará volver ao Escensario SON Estrella Galicia na Sala Litmar:

  • 21.00 Apartamentos Acapulco
  • 22.05 Perro       
  • 23:10 Triángulo de Amor Bizarro
  • 00.30 Lagartija Nick    
  • 01.40 Carolina Durante       
  • 03.00 Za!  
  • 04.00 PV3000

O peche porase coa Afterparty na Sala Maverick con Agostinho Dj.

MAPA

Móvete por Sarria con elegancia e destreza grazas ao noso mapa.

ÚLTIMAS ENTRADAS!

Aínda se poden adquirir as últimas entradas a través da web (só ata o venres ao mediodía) e mais en dous locais de Sarria: Adarve e Xarope.

A semana que ven temos unha cita e xa estamos case todos … só faltas ti!!
Últimos 200 abonos á venda, por só 25 €! Non deixes escapar esta oportunidade!
Este ano celebramos o noso V aniversario e queremos facelo por todo o grande, para iso reunimos ás mellores bandas estatais: Toundra, Carolina Durante, Lagartija Nick, Perro, Za!, Apartamentos Acapulco … Máis de 20 artistas para gozar durante a fin de semana do 15 e 16 de marzo en Sarria (Lugo)
RÁPIDO, que se esgotan!
 
 
 

Xa está aquí o cartel completo do Esmorga Fest 19.

Merca a túa entrada.

Páxina 1 de 5

                                                                                                           COPYRIGHT © 2019 ESMORGAFEST. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS                                                                                  

                     CONTACTO | BLOG ENTRADASENTRAR